Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Maleta Viaxeira levou historias feministas ás crianzas das Escolas Infantís vimiancesas

Maleta Viaxeira Vimianzo 2022
Xiomara Lazo nunha das sesións
A Maleta Viaxeira levou historias feministas ás crianzas das Escolas Infantís vimiancesas

A iniciativa da Subdelegación do Goberno na Coruña, 'MAVI', a Maleta Viaxeira, finalizou esta semana o seu percorrido plas escolas de Vimianzo. Xiomara Lazo, axente de Igualdade do Concello de Vimianzo, levou historias de libros de diferentes temáticas vinculados co feminismo, a igualdade e o empoderamento.

Despois de pasar polas EEI de Carantoña e o CEIP de Castromil (Salto), a última estación da MAVI foi na Escola Unitaria de Carnés, onde as crianzas escoitaron os contos.

MAVI Vimianzo 2
Na EII de Carnés

No 2023 esperan o regreso de 'MAVI' a Vimianzo, onde se instalará no Rincón Lilá da Biblioteca Municipal, para que as usuarias e usuarios poidan acceder aos seus recursos mediante o préstamo. 
Durante a estancia da maleta, organizaranse actividades complementarias de animación á lectura e de sensibilización, como obradoiros, contacontos, agasallos e sorteos.

Comentarios