A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero viaxa ata Vimianzo
Coa Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero chegou María Rivas, a subdelegada do Goberno na Coruña, ata Vimianzo. MAVI é un programa enmarcado nas actividades arredor do 25N, Día Internacional contra a violencia machista, que chega á capital soneirá para achegar libros de diferentes temáticas vinculados co feminismo, a igualdade e o empoderamento á veciñanza costeira.
A Maleta, é dicir, a pequena biblioteca, estará 3 semanas en Vimianzo, percorrendo os centros de ensino da EEI de Carnés, EEI de Carantoña e o CEIP de Castromil (Salto).
En cada un dos centros farase unha presentación do proxecto MAVI ao alumnado e ás familias e que contará coa asistencia da concelleira de Igualdade e da Axente de Igualdade do Concello. Esta xornada de presentación compleméntase cun obradoiro infantil de igualdade e prevención da violencia de xénero, a través de contacontos e debuxos alusivos aos libros na Maleta que será impartido pola técnica de igualdade. Os libros chegarán as casas da rapazada tamén.
Rivas lembrou que a día de hoaxe hai case 2.000 casos activos no sistema VIOXEN de control policial da violencia de xénero. “A prenveción e a sensibilización son ferramentas necesarias para loitar contra esta lacra social”