Luns. 14.10.2024
El tiempo

Xiomara Lazo traslada a igualdade ao IES Terra de Soneira

Xiomara en Vimianzo 1
Xiomara Lazo traslada a igualdade ao IES Terra de Soneira

O Concello de Vimianzo, a través da axente de igualdade Xiomara Lazo, traslada a igualdade ao IES Terra de Soneira a través de sesións sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero.

Trátase doutra das liñas de accións enmarcada no IV Plan de Igualdade impulsado pola Administración local, en virtude de favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e os cambios socioculturais que consoliden a ruptura de roles e estereotipos de xénero, así como a construción de relacións igualitarias entre mulleres e homes mediante a educación.

Están dirixidas ao alumnado de 3º de ESO, aproximadamente 35 rapazas e rapaces, durante os meses de outubro e novembro e a través de seis sesións nas que se irán tratando progresivamente todo o referente a conceptos básicos
respecto ao xénero, corresponsabilidade, tratamento da muller nos medios de comunicación, violencia de xénero, habilidades sociais e resolución de conflitos, autoestima e empoderamento individual e colectivo.

Aula ies Vimianzo 2

A propia Lazo argumenta que “levar este tipo de temas ás aulas, nas que usualmente non existen contidos nos programas educativos a este respecto, é fundamental para que a rapazada conecte con conceptos básicos sobre, por
exemplo, os estereotipos de xénero, a publicidade ilícita ou os mitos do amor romántico”, engadindo que “de momento está a ter unha moi boa acollida, o que nos fai ter unha previsión positiva de cara á organización de futuros programas neste ámbito”, finaliza.

Comentarios