mércores. 15.04.2026
El tiempo

Los de Marras, Quinkillada e Festicultores pechan o cartel do Asalto

Os Festicultres cultivando unha festa en Allariz
Os Festicultres cultivando unha festa en Allariz
Los de Marras, Quinkillada e Festicultores pechan o cartel do Asalto

Xa temos o cartel completo para a 29ª edición do Festival Asalto ao Castelo de Vimianzo. Os valencianos Los de Marras e os galegos Quinkillada e Festicultores, completan un potente cartel con grandes referentes como ETS (En Tol Sarmiento), Dakidarria, De Ninghures ou ou Che Sudaka, sen esquecer as novas promesas de Ulex e a festa da Yaya Dj.

Entradas por días e abonos xa dispoñibles

Co cartel xa completo, a organización anuncia que xa están á venda as entradas por días (venres e sábado) así como os abonos xerais para vivir a experiencia completa desta Festa de Interese Turístico de Galicia.

Cabe lembrar que nesta edición será necesario dispor de entrada para acceder ao recinto de concertos ambos días. As entradas poden adquirirse a través da web oficial: asaltoaocastelo.gal.

Aberto o prazo para a XIV Feira Artesanal

Feira Artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo
Feira Artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Máis alá da música, a A.C. Cherinkas anunciou tamén a apertura do prazo de inscrición para a XIV Feira Artesanal, que terá lugar o sábado 4 de xullo de 2026 na Praza do Concello.
Os artesáns interesados en participar teñen até o venres 5 de xuño para formalizar a súa solicitude de xeito telemático a través da web oficial do festival.

Máis novas

Comentarios