Medio millar de palilleiras compartiron artesanía en Vimianzo
Máis de cincocentas palilleiras de diferentes puntos da xeografía galega fixeron soar os bolillos na XVII Xuntanza da capital de Soneira.
Ao longo do día de onte as persoas participantes fixeron diversas demostracións desta arte nun encontro que serve como punto para unir intereses, exhibir traballos e intercambiar experiencias. Xuntáronse mulleres de Viveiro, San Ciprián, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Muxía, Camariñas... e de Vimianzo, por suposto.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer á asociación As Nemanquiñas pola organización deste encontro "son as artífeces de todo isto e grazas ao seu traballo temos a oportunidade de reunirnos e demostrar que a arte dos palillos segue tan vixente coma sempre".
Desde a Escola Municipal de Palillo, que participaba na Xuntanza, entregaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e deputada de Industria, Rosa García, uns lazos para conmemorar o 25N elaborados por os nenos e nenas da escola.