As Mulleres do Nordés de Viki Rivadulla invanden Vimianzo
- A Maleta Viaxeira segue levando contos de igualdade polos centros de ensino vimianceses

A mostra de Viki Rivadulla ‘Atlánticas. Mulleres de Nordés’ chega o vindeiro 11 de novembro a Vimianzo. Poderase contemplar na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura ata o 15 de decembro de 2022. A inauguración será este mesmo venres ás 20:00 hora da tarde.
Está composta por 30 acrílicos pintados entre 2020 e 2021 e nace como unha declaración de principios e toma unha posición ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que a autora forma parte polo legado e por desexo, que é intrínseca o ser da Costa da Morte.
Xunto a Viki farán unha lectura colectiva do manifesto mulleres que non acostuman falar en público:
Carla Castro, de tradición mariñeira e mantén secadoiros de congro; María de Mar Campos, percebeira; Estrella Paz, traballadora municipal e muller do agro;
Sole Méndez, a voluntaria mariñeira e activista; e Cristina Fdez., a fareira do Vilán, a última fareir@ en habitar nun faro, "unha muller de luz".
MAVI
Mentres, a iniciativa da Subdelegación do Goberno na Coruña, 'MAVI', a Maleta Viaxeira, continúa o seu camiño, esta vez cara a Escola Unitaria de Carantoña, onde esta mañá a recibiron as pequenas e pequenos que alí ás aulas.
Acompañaron ás crianzas Xiomara Lazo, axente de Igualdade do Concello de Vimianzo, e María José Pose, concelleira de Benestar Social.