Martes. 19.03.2024
El tiempo

O muralismo toma Vimianzo

Cultura Urbana 3 Vimianzo
Cultura Urbana 3 Vimianzo
O muralismo toma Vimianzo

Onte deu comezo a "Semana da Cultura Urbana" de Vimianzo co pintado de varios murais, nunha proiposta que se estenderá ata o 21 de agosto.

Trátase dunha nova iniciativa lúdica e de aprendizaxe sobre a arte máis de rúa que achegará á mocidade diferentes talleres e espectáculos multidisciplinares na praza do Concello, ademais de contar coa intervención pictórica de dous muralistas galegos e un artista nacional. O programa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, inclúe tres talleres de murais colaborativos nos que participan as veciñas e veciños da vila de 10 ou máis anos.

A semana rematará o domingo 21 de agosto na praza do Concello cunha xornada de portas abertas na que se desenvolverán talleres de breakdance, Dj, rap, parkour, graffiti, estampación de camisetas e slackline (deporte de equilibrio que se practica cunha cinta en en tensión anclada en dous soportes fixos) en horario de 18:00 a 21:00 horas. Ao remate da xornada urbana terá lugar o espectáculo ‘Ópera Breaks’, un show que mestura a ópera da soprano Esperanza Mara (EmanArte) cos ritmos urbanos de artistas da ‘Vella Escola’ nun formato moi innovador.

Cultura Urbana 2 Vimianzo 2
A concelleira de Benestar, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, acodiron á presentación

Comentarios