domingo. 18.05.2025
El tiempo

Nova bronca no pleno de Vimianzo

Nova bronca no pleno de Vimianzo
O servizo de axuda no fogar  que presta o concello de Vimianzo segue sendo o protagonista da vida política do municipio. O proceso de licitación do contrato - que vén de validar o Tribunal Central de Contratación - foi o motivo polo cal se celebrou na mañá de onte un pleno extraordinario solicitado pola oposición. O pleno comenzou coa lectura do informe de secretaría que indicaba a improcedencia de debater e votar os puntos solicitados, por seren acordos xa adoptados que pretendían revisarse por quen non ten iniciativa, nin ten a competencia para iso. A partir de aí, o rexedor vimiancés - Manuel Antelo - cedeulle a palabra á oposición para que interviran ao respecto do informe da secretaría. "A súa actitude foi totalmente ofensiva, maleducada e antidemocrática, faltándolle ao respecto aos membros da corporación e aos funcionarios municipais" sinalan dende o goberno vimiancés con respecto á intervención da oposición. "O insulto e a terxiversación, xunto coa ignorancia demostrada, foi o ton dominante nas intervención dos membros dos grupos da oposición", afirman dende o grupo municipal. "As referenzas ao SAF foron escasas" sinalan dende o goberno de Vimianzo xa que centraron as súas intervencións "en insultar" ao grupo de goberno por mor do cambio de nome do grupo municipal. O Alcalde aclaroulles que os membros do seu grupo que militaban no BNG déronse de baixa como militantes do partido, non do grupo. A decisión que adoptaron foi seguir no grupo municipal cambiando o nome do mesmo, que pasou a chamarse Adiante Vimianzo. Manuel Antelo lamenta a actitude antidemocrática da oposición.   Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción Que Pasa na Costa (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios