Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte inicia o camiño cara ao ‘Destino Turístico Starlight’

ActoEntregaCMATDestinoStarlight copia
A Costa da Morte inicia o camiño cara ao ‘Destino Turístico Starlight’

Xa estamos en camiño. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) iniciou o camiño formal do proceso de solicitude da certificación Destino Turístico Starlight, selo que concede a Fundación Starlight. A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, entregou de xeito simbólico no Dolmen de Dombate a application pack que contén o informe da candidatura á directora xerente da Fundación Starlight, Antonia Varela Pérez.
Foi no marco das Aulas Científicas 2022 A luz da Ciencia da Deputación da Coruña e do Concello de Cabana de Bergantiños celebradas no Dolmen de Dombate e que trataron sobre A protección do ceo nocturno, Fundación Startlight e contaminación luminosa.

O informe da CMAT céntrase no solpor

application pack entregada á Fundación Starlight mostra os estudos astronómicos feitos na zona, sobre todo, os do cálculo de periodos do último solpor da Europa continental e outros sobre orientación astronómica de enclaves de megalitismo.

O informe tamén destaca o impacto positivo que podería conlevar a obtención do selo e, ao mesmo tempo, fai unha proposta das novas actividades que poderían levarse adiante no xeodestino vinculadas ao turismo das estrelas.

A parte “crucial” do informe da CMAT, así o considera a asociación, é a adicada ás medidas preliminares da calidade do ceo deste territorio. Para iso será “clave” o grao de escuridade do ceo da Costa da Morte. “Estes resultados determinarán se o noso firmamento ten a escuridade e calidade suficiente para superar o corte e acceder ao selo Destino Turístico Starlight”, indica Jorge Mira, quen sospeita que “este parámetro pode empeorar pola contaminación luminosa xerada por algúns dos principais núcleos urbanos do xeodestino”.

Quedamos pois pendentes de ver se a nosa candidatura “supera un primeiro corte”. Se a avaliación é positiva “pasarase á unha segunda fase, na que a Fundación Starlight enviará aos seus propios auditores e peritos á Costa da Morte para que fagan un estudo definitivo sobre o terreo e, logo do proceso de avaliación, decidan se a Costa da Morte cumpre ou non os requisitos” requiridos para obter o cerfiticado Destino Turístico Starlight.

+ info:

Comentarios