Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo sobresemento para unha denuncia contra Manuel Antelo, e van...

Novo sobresemento para unha denuncia contra Manuel Antelo, e van...
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Corcubión, que preside a xuíz titular María Purificación Prieto Picos ven de ditar o Sobresemento provisional e arquivo da denuncia que no ano 2014 presentara contra o alcalde do concello vimiances un veciño de Baíñas, Antonio López, que acusaba ao rexedor de tres presuntos delitos. Así, segundo indica o querelante, o primeiro edil vimiances tería incorrido nun presunto delito de prevaricación, outro de tráfico de influencias e un terceiro de falsidade, agora sobreseidos e arquivados. Auto xuíz Corcubión Auto de sobresemento e arquivo da denuncia contra Antelo Pazos No fondo da cuestión, como tantas veces, estarían as rencillas entre veciños, segundo manifesta a mesma xuíz no auto de sobresemento ao que ven de ter acceso QPC. Mª Purificación Prieto considera que "tanto las testificales como los informes aportados han desvirtuado lo declarado por el denunciante, cuyas alegaciones únicamente ponen de manifiesto un importante conflicto vecinal entre el Sr. López Pérez y los ocupantes de la franja de terreno controvertida, los cuales han afirmado su mala relación con el denunciante desde hace más de 30 años". O conflito partiría da suposta ocupación dun terreo que o arquitecto municipal titular en Vimianzo, Julio Vázquez (con quen se mantén outro conflito desde hai longo tempo polas súas actuaciones e ditames no periodo de goberno de Alejandro Rodríguez) tería considerado como de dominio público nun informe solicitado polo denunciante, Antonio López,  e que este engadiu a esta denuncia no ano 2014. López consideraba na súa denuncia que a perda dun informe en dependencias municipais dera pe a ocupación presuntamente ilegal deste terreno, un extremo que agora ven de desmontar o auto da xuíz Prieto Picos. A xuíz titular do nº 2 de Corcubión vai aínda mais alá ao considerar que "El principal reproche del querellante se centra en la inactividad de la Alcaldía en orden a la recuperación de una franja de terreno que, según aquél, es de titularidad pública, circunstancia que afirma que es incuestionable (...) Pues bien, la premisa de la que parte el querellante (..), lejos de ser un hecho “incuestionable”, es más que dudoso, por no decir que carente de toda prueba.". I é que a xuíz asume como certo o contra-informe emitido polo arquitecto substituto do Concello Vimiances, Daniel Beiras García-Sabell, quen nun expediente determina que o citado terreo nin é nin foi de titularidade pública, como recolle a propia xuíz no auto; "poniendo de manifiesto la carencia de fundamentación del mismo efirese ao primeiro informe do arquitecto Vazquez]  y la existencia de diversas fuentes documentales que apuntan a la titularidad privada de los terrenos (estas partes de la finca aparecen incluidas dentro de la parcela privada 726 en el plano catastral de 1991; aparecen incluidas en el plano catastral actual; no constan en el inventario municipal como públicos; en el ordenamiento urbanístico vigente tiene el carácter de espacio privado, no constando como público en los planos y alineamientos de las NNSS de Vimianzo; estos terrenos tienen un uso privado; existen testigos que aseguran que los terrenos considerados nunca tuvieron titularidad ni uso público, y sus declaraciones aparecen incorporadas al expediente)".
Aínda mais. Segundo a xuíz no auto, o arquitecto municipal vimiances tería afirmado nun informe oficial que ese terreo era de titularidade pública... sen proba documental algunha; "Lo cierto es que el Sr. Vázquez Rodríguez reconoció en su declaración judicial que no había visto ningún documento, más allá de los planos de concentración parcelaria, que justificase la naturaleza pública del terreno cuestionado; añadiendo que, tampoco, “tenía constancia de que la franja de terreno discutida hubiera sido destinada en algún tiempo a camino público”. En realidad, el arquitecto municipal llega a su conclusión sobre la base de una interpretación de los planos de concentración parcelaria." Manuel Antelo alcalde de Vimianzo Manuel Antelo Con todos estes indicios, a xuíz considera "que las meras alegaciones del querellante no son suficientes para concluir la existencia de los ilícitos denunciados; máxime, cuando la premisa de la que parte (titularidad pública del trozo de terreno que afirma estar siendo ocupado de manera ilegítima) no es una cuestión pacífica."
Ao respecto deste enésimo sobresemento e arquivo a unha causa contra del ou contra de algún membro ou empregado municipal do concello relacionado coa alcaldía, esta tarde o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo contestaba a preguntas de Quepasanacosta.gal para manifestar a súa satisfacción porque "unha vez mais unha denuncia claramente política quede en nada". Antelo Pazos considera que o denunciante tratou de levar a alcaldía "a un conflito entre veciños, unha disputa na que nos so debemos mediar e nunca ser parte, como quedou acreditado". O rexedor considera que o denunciante é "unha persoa que se leva mal con todos os veciños e que pediu un informe sobre un espazo sabendo que contaba co apoio do arquitecto municipal, que sen ningún tipo de fundamento xurídico afirmou que era público, algo que logo se demostrou incorrecto". Manuel Antelo describe que se trata " dunha parcela mínima, de 20 metros cadrados, que os veciños usan para cousas tan "graves"como poñer a leña. Esta persoa tratou de meterme no medio pero como non me deixei amedrentar tentaron, coa connivencia da oposición naquela época, acusarme de prevaricación", afirmou. "Este é un exemplo do modo en que se actuaba co anterior goberno. O Roque (José Manuel Rodriguez, concelleiro por Terra Galega) o arquitecto e o avogado do denunciante, que curiosamente e parente do líder do PP, trataron de presionar para que se actuase a favor desta persoa. Viñeron presionarme a min e incluso chegaron a atacar ao arquitecto sustituto, Daniel Beiras, no transcurso do proceso, por emitir un informe que os deixaba en evidencia", dixo.
"Tentaron", concluiu Manuel Antelo, "con todas estas denuncias tirar abaixo cunha alcaldía  sen mirar a quen se atacaba. Non pensaron nos funcionarios aos que se acusaba falsamente e que podían acabar coa sua carreira no lixo. Non pensaron  nas persoas, pero ao fin a xustiza acaba desmontando as mentiras".

Comentarios