martes. 20.05.2025
El tiempo

O alcalde de Vimianzo presenta unhas contas postitivas do 2012

O alcalde de Vimianzo presenta unhas contas postitivas do 2012
Manuel Antelo, Alcalde de Vimianzo

O alcalde de Vimianzo, con algo máis de calma tralos últimos días de tensión, deu conta da liquidación do exercicio económico 2012. Unha liquidación cun resultado positivo, deixando nas arcas do concello un remanente de tesourería de 112.000 euros, cantidade que nos vindeiros meses se irá investindo en diferentes servizos municipais, para resolver as necesidades dos veciños e veciñas.

Manuel Antelo ordenou, no día de onte, o pagamento de todas as facturas presentadas no rexistro municipal antes da presente semana, polo que, a día de hoxe, unicamente quedan pendentes de pago aquelas facturas presentadas no rexistro a partir do luns día 4 de marzo.

Asegura o alcalde que "estes feitos veñen demostrar que o concello de Vimianzo está saneado economicamente, cos pagos realizados e resultados positivos nas arcas municipais; un saneamento que se acadou grazas a un esforzo realizado por todos os vimianceses e vimiancesas que souberon entender que o goberno municipal tiña que traballar ata acadar sacar o concello da deplorable situación económica na que se atopaba para poder facer fronte ás demandas veciñais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios