Martes. 23.04.2024
El tiempo

O alcalde de Vimianzo trasládalle á Xunta queixas pola eliminación de prazas de aparcamento

O alcalde de Vimianzo trasládalle á Xunta queixas pola eliminación de prazas de aparcamento
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, trasladoulle de xeito oficial, por escrito, á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), da Xunta de Galicia, o seu descontento e a súa disconformidade pola eliminación de prazas de aparcamento na zona da oficina de Correos. Con este xesto o rexedor vimiances fai oficial a queixa e o malestar veciñal ao redor dos cambios que esta axencia ven de realizar na organización do tráfico na AC-552, ao seu paso pola capital soneiran. No escrito Antelo sinala que a eliminación das prazas de aparcamento nesa zona non contribuírán á mellora da seguridade vial na zona e só ocasionarán prexuízos para a veciñanza. Antelo insta así ao ente autonómico a manter as prazas de aparcamento na zona como até o de agora "xa que non achegan ningunha mellora e no caso de que se eliminen prevense reclamacións e protestas veciñais".  

Comentarios