Martes. 05.11.2024
El tiempo

O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo

O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo

7 imputados, uns 2.5 millóns de euros e varios anos de xulgados foron necesarios para finiquitar o caso Casa da Cultura de Vimianzo. Unha obra, semellante á de Cee, que se escapa, con moito, das necesidades da bisbarra, pero que con ansias faraónicas, presentáronse como as pirámides dos "emperadores da Costa".

Obras ademais desenvoltas por empresas afíns ao grupo de goberno de turno, como é o caso da empresa do irmán do ex alcalde vimiancés, que non contenta con obter unha concesión de máis de 1 millón de euros, aumenta o gasto en 740.000€ sen avisar e logo denuncia ao Concello por impago, esquecendo todas as leis da obra pública.

Nestes días parece que se desbloqueou o último asunto pendente, como é precisamente esa débeda que adquiriu o Concello vimiancés coa empresa. Con tanto pleito, a débeda pasou dos 740.000 iniciais aos 855.000 por mor dos intereses dende que o pasado 2008 a Casa da Cultura acabase no xulgado. E así o ingresará o Concello nas arcas da empresa Manuel Rodriguez Lema SL en dous pagos.

O acordo levarase ao pleno de mañá sábado, no que se tratarán ademais outros temas como a posible remodelación da parte pública do campo da feira da Piroga. Punto para o que xa se están mobilizando dende o lugar para acodir á sesión plenaria.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios