Martes. 19.03.2019
El tiempo

O alumnado da ESO aprende técnicas de estudo en Vimianzo

O alumnado da ESO aprende técnicas de estudo en Vimianzo
Curso de Tecnicas de Estudo en Vimianzo

Xa está en marcha o Curso de técnicas de estudo para alumnado da ESO. Así o presentaban o pasado venres o Concello de Vimianzo organiza e a Obra Social “la Caixa” nunha presentación na que participaron Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, Marta Rey, concelleira de Cultura de Vimianzo e Nieves Eirin, subdirectora da oficina de Caixabank na localidade.

Un curso que pretende orientar ao alumnado da ESO do Concello para que aproveiten dunha maneira máis eficiente as horas que lle adican ao estudo.

A presentación estivo destinada aos pais e nais do alumnado participante, para que coñezan a proposta, despois de ser divulgada entre o alumnado do Concello de Vimianzo do IES Terra de Soneira, do IES Pedra da Aguia e do IES Maximino Romero Lema. Participarán máis de 20 alumnos e alumnas.

Comentarios