Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Asalto escollerá os seus actores na Gala-Casting do 20 Aniversario

O Asalto escollerá os seus actores na Gala-Casting do 20 Aniversario
Gala Casting Asalto Castelo 2015

Xa temos data para unha das citas máis senlleiras do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Mentres a feira de artesanía, o CD Irmandiño Son e a Lengua Irmandiña seguen preparándose, todos esperamos saber como será a obra de teatro, o que fai tan especial esta festa.

Volve Ghillermo Méndez, despois dun ano de descanso, a afrontar o groso do traballo tanto no deseño como na dirección técnica, e así o comprobamos no cartel da Gala-Casting do 20º aniversario do Asalto. A cita será o sábado 30 de maio ás 21:15h na Casa da Cultura e a gala será conducida por Alba Mancebo e Manolo Rial e dirixida por Julito Lema na que se presentarán todas as actividades e novidades do ASALTO 2015.

Coñeceremos o cartel oficial, a camiseta, veremos os vídeos promocionais e o programa completa, e o máis importante, Ghillermo escollerá o elenco de actores da representación deste ano.

Pero haberá que estar atentos pois haberá sorrpesas e actuacións especiais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios