Venres. 29.03.2024
El tiempo

O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo

O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo

Enviaba onte Carmen Borbujo unha nota de prensa do PP de Vimianzo na que a solicitaba a paralización da execución da sentenza de pago do sobrecuste da Casa da Cultura. Borbujo aseguraba "non entender como o avogado proposto polo BNG para recorrer a sentenza, non pide a paralización da execución inmediata do fallo".

Hoxe, o propio avogado Óscar Ramón Rodríguez Insua fai varias aclaracións sobre a acusación:

  • 1. Fun designado polo Pleno do Concello de Vimianzo, e sen oposición por parte do PP, para formular o recurso de apelación. Polo tanto, no procedemento da Casa de Cultura, estou actuando como avogado do Concello de Vimianzo, non como avogado do BNG, como pretende dar a entender, de modo erróneo e tendencioso, a Sra. Borbujo.
  • 2. Solicitouse, de modo expreso e reiterado, a paralización da execución provisional da sentenza, obrando na Secretaría do Concello toda a documentación acreditativa das actuacións levadas a cabo ata a data, polo que á Sra. Borbujo bastaralle con solicitar copia, pondo así fin, de modo moi sinxelo, ás súas queixas de falta de entendemento do asunto. No entanto, se continúa con dúbidas sobre algún punto, quedo á súa disposición para a súa resolución.
  • 3. O Pleno do Concello de Vimianzo -no que o PP da Sra. Borbujo ostenta catro concelleiros- non me encomendou interpor, ata a data, accións penais derivadas da contratación da Casa de Cultura. Os datos que obran no expediente eran coñecidos polo PP desde fai máis de dous anos, polo que se descoñece de que indicios ou probas pode ter coñecemento a Sra. Borbujo nos dous meses anteriores ás eleccións, que motiven a interposición da denuncia.

Así mesmo, Rodríguez insta á voceira da oposición a que achegue unha copia da denuncia que interpón no Xulgado de Corcubión, para que o avogado poida "alejgar prexucialidade penal no procedemento contencioso administrativo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Oscar Ramón Rodríguez Insua.

Comentarios