O BNG de Vimianzo saca un novo boletín á rúa
08:24 10/01/11
O BNG de Vimianzo lanzou nos últimos días un novo boletín en papel. Unha publicación que conta con 3.500 copias, e no que entre outros temas preséntase a Manuel Antelo como candidato dos nacionalistas soneiráns á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de maio.
No boletín, os nacionalistas analizan dende a súa perspectiva temas como a Casa da Cultura, a apertura do xeriátrico (da que se louvan), ou a polémica co POL nas parroquias de Carnés e Cereixo.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Vimianzo.