Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL

O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL
Curiosa a situación en Cereixo. A vila histórica acaba de recibir unha placa que a horna “provisionalmente”, como Porto Xacobeo. Acto ao que non acodiron nin o grupo de goberno do concello nin a oposición. De feito, dende a oposición non valoran moito o nomeamento e ademais de pedir aclaracións sobre o sentido da proposta, pregúntanse “Que sentido ten que se declare provisionalmente Porto Xacobeo a Cereixo no momento en que remata o Ano Santo?”. Para o BNG o acto “foi un acto puramente electoral, e un engano para os veciños e veciñas de Cereixo”. “A mostra é que o cartel indicador desa calificación foi colocado só para saír na foto e retirado de inmediato”, denuncian.

Plan do Litoral

Dende o BNG que este declaración pode ter relación coa aprobación do POL na parroquia vimiancesa. Unha parroquia que ten moito rexeitamento entre a veciñanza, quen considera Cereixo como interior e non como Costa. “Non se pode tratar de evitar o Plan do Litoral e de seguido pedir a declaración de Porto Xacobeo”, di o voceiro nacionalista; “Con esta decisión Borbujo e o PP están prexudicando aos veciños e veciñas que non queren o Plan do Litoral”, advirte Manuel Antelo. Nese sentido, os nacionalistas están convencidos que esta actuación do PP de Vimianzo é para xustificar a aplicación do Plan do Litoral ás parroquias de Cereixo e Carnés. “Con esta actuación Borbujo ponse do lado da Xunta e en contra de Carnés e de Cereixo, avalando e amparando o Plan do Litoral”; di Manuel Antelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Vimianzo.

Comentarios