O BNG vimiancés denuncia que o Concello é cómplice no caso da Casa da Cultura


As idas e vidas da Casa da Cultura de Vimianzo seguen a ser motivo, e non é para menos, de disputa no seo da corporación municipal. Hoxe, o BNG vimiancés acusa ao goberno municipal de ser "cómplice e vender os interese municipais á empresa do irmán do alcalde".
O BNG lembra que a Xunta de Goberno Local, celebrada o día dez de decembro de 2011, acordou “facilitarlle a dita empresa a copia do informe emitido polo letrado asesor xurídico D. Ramón Valentín López Rey en relación á posibilidade de presentar recurso de apelación contra a sentenza da casa de cultura” (sic). Lembran os nacionalistas que este informe era favorable a aceptar a sentenza e a non presentar recurso de apelación.
“Cando se viu que unha parte nun preito entregase documentación fundamental á outra parte, en prexuízo propio?”, pregúntase o portavoz do BNG; “con esta decisión o goberno municipal colabora cos intereses privados da empresa en contra dos intereses públicos municipais”, engade Manuel Antelo; “parece que o interese principal do goberno municipal é que a empresa do irmán do alcalde cobra canto antes”, volve a engadir o voceiro do BNG.
Os nacionalistas critican tamén que non se informara da nova demanda do irmán do alcalde no último pleno celebrado a finais de xaneiro, que se basea na documentación facilitada polo goberno municipal.
Con todo, o BNG confía en que a xustiza desestime a demanda da empresa solicitando a execución provisional da sentenza.
"Pacto de Cacabelos"
Ten palabras o voceiro do BNG para o PP, a quen acusa de "estar calados" en todo este asunto. “Borbujo montou moita feira dicindo que ía pedir unha investigación, pero nunca deu conta das actuacións”, di o voceiro nacionalista; “xa se sabe que quen cala outorga”, engade Manuel Antelo. Para o BNG, o “pacto de Cacabelos” segue rexendo a vida municipal".
Novas relacionadas
- 29-11-10: Ata a elección do avogado tensa o pleno de Vimianzo.
- 24-11-10: O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura.
- 22-11-10: Cruce de intereses pola Casa da Cultura de Vimianzo .
- 15-11-10: O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura.
- 10-05-10: Critican unha nova adxudicación á empresa do irmán do alcalde de Vimianzo .
- 29-04-09: O BNG de Vimianzo presenta unha moción para esclarecer os contratos da empresa do irmán do alcalde.
- 24-04-09: A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado.
- 25-08-08: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
- 20-08-08: Adxudicadas as últimas obras da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 04-08-08: A Casa da Cultura de Vimianzo aínda non está rematada.
- 21--07-08: Vimianzo aproba a certificación da Casa da Cultura.
- 21-05-08: E a auditoría Casa da Cultura de Vimianzo?.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Vimianzo.