Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo recibe máis de 30.000 visitantes en 2017

O Castelo de Vimianzo recibe máis de 30.000 visitantes en 2017
Escolares no Castelo de Vimianzo Un grupo de Escolares no Castelo de Vimianzo Sen contabilizar festas e eventos multitudinarios como o Asalto, o Castelo de Vimianzo recibíu este 2017, a cifra de 29.598 visitantes, sendo 21.167 visitas individuais e 8.431 en grupo organizado. Unhas cifras que ratifican a aposta municipal por crear unha marca de identidade a partir da posta en valor do Patrimonio así como ofrecer servizos e propostas culturais de calidade. Un equipo de traballo conformado por persoal público e reforzado durante este ano por dous técnicos expertos no Patrimonio Cultural – un técnico de museos e unha técnica de turismo- contratados temporalmente ao abeiro das axudas por parte de Deputación da Coruña para concellos de menos de 50.000 habitantes. Dende o Concello sinalan que durante os meses do frío - a tempada baixa do turismo- os centros habituais de recepción de visitantes reciben un novo perfil de visitante, destacando un importante incremento das visitas organizadas con respecto ó verán. Así, as cifras do mes de novembro sitúan en 1338 os visitantes en grupo, en contraste ás 614 visitas rexistradas por turistas individuais. No total sumado durante a estación do outono que remata agora, do 21 de setembro ao 21 de decembro rexistráronse 6177 visitas: 2716 individuais e 3461 en grupos organizados. Os grupos de idade avanzada e tamén as asociacións que gustan de practicar no outono e inverno do chamado turismo cultural, son os grupos máis típicos desta época do ano. Esta pasada semana, por exemplo, os Batáns de Mosquetín, que cada día reciben máis solicitudes de visita, recibían -a asociación de amigos da Casa das Ciencias da Coruña e A asociación de amigos do Museo da Prehistoria e a Arqueoloxía de Vilalba.

Turismo Escolar

Mención aparte merece o programa de Turismo Escolar iniciado dende o Concello o curso pasado, con gran acollida por parte dos centros escolares da provincia e baseado en distintos itinerarios guiados polo interior da fortaleza orientados aos distintos niveis e etapas escolares. A esta proposta sumouse un novo xogo educativo, un safari fotográfico para identificar os distintos elementos dun Castelo, a actividade didáctica inaugurada con gran éxito o pasado martes en colaboración do IES Pedra da Aguia de Camariñas, pode solicitarse por calquera centro de ensino a partires do próximo arranque escolar tras o descanso de Nadal.

Fonte

Comentarios