Mércores. 11.09.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo asina un convenio de colaboración coa protectora SOS Pelines

O concello de Vimianzo asina un convenio de colaboración coa protectora SOS Pelines
O concello de Vimianzo e a Protectora SOS Pelines acaban de asinar un convenio de colaboración para a xestión das adopcións dos animais acollidos na canceira. A protectora encargarase de xestionar a entrada e saída dos animais na canceira, levando unha folla de rexistro dos animais que entran e saen, comprobar se necesitan atención veterinaria e xestionar a súa adopción no caso de que os donos non aparezan. Pola súa banda, o concello comprométese a seguir encargándose do servizo de recollida e lazaría. Con este convenio preténdese evitar o sacrificio de animais buscándolles un novo fogar e entregándollos ás familias adoptantes documentados e cun contrato de adopción. A protectora fará un seguimento do coidado e do estado dos cans adoptados. Dende SOS Pelines levaranse a cabo varias campañas de concienciación destinadas a mellorar o estado e o coidado dos animais domésticos, destinadas tanto a escolares como ao público en xeral. Na páxina de Facebook da Protectora SOS Pelines pódense consultar os consultar os cans que actualmente están acollidos na canceira de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios