Luns. 13.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo denuncia á Xunta por non abrir o Centro de Día no Xeriátrico

O Concello de Vimianzo denuncia á Xunta por non abrir o Centro de Día no Xeriátrico
A residencia para a terceira idade de Vimianzo xa está en marcha dende o pasado mes de novembro.Pero non con todas as suas posibilidades. De feito, o Centro de Día aínda non está activo. Por iso salta hoxe o Concello de Vimianzo á voz pública, asegurando que vai denunciar á Xunta polo "incumprimento por parte da Xunta de Galicia do acordo adoptado no Pleno de Vimianzo na sesión do día 28 de xullo de 2007". Destacan dende o Concello que no acordo no que o Concello tiña que ceder os terreos a SOGASERSO, a empresa tería que poñer en marcha antes de 3 anos dende a firma do convenio (31-12-2007) "un centro de atención a persoas maiores en situación de dependencia que incluirá un Centro de Día cunha capacidade ao arredor de 50-60 prazas e un centro de estadía permanente cunha capacidade de 150 residentes". Efectivamente, a 31-12-2010 o centro residencial estaba, e está a día de hoxe, en funcionamento. Pero non o Centro de Día. Desde o Concello de Vimianzo se puxeron en contacto coa Xunta de Galicia e a información que nos facilitan é que na actualidade non se están xestionando prazas en Centro de Día a través de Dependencia para o centro situado na residencia de Vimianzo. Así que "diante desta pasividade por parte da Administración Autonómica solicitámoslle que na maior brevidade posible se poña en funcionamento este centro e ao mesmo tempo se cumpra o acordo plenario e o compromiso adquirido pola propia Xunta de Galicia", asegura o teniente alcalde Jose Antonio Miñones Riveiro. "O Centro de Día do que estamos a falar debería estar en funcionamento xa!!!", sentencian dende o Concello. I é que o Concello de Vimianzo quere levar a cabo a ampliación da Escola Infantil Municipal “Os Vimianziños” onde na actualidade está situado o Centro de Día titularidade do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios