Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo podería recibir o parque empresarial a pesar da negativa da oposición

O Concello de Vimianzo podería recibir o parque empresarial a pesar da negativa da oposición

As últimas novidades sobre o Parque Empresarial de Vimianzo están a enfrontar a goberno e oposición. O goberno actual anunciaba a súa intención de recibir oficialmente o parque empresarial, de mans da empresa Solo Empresarial do Atlántico (SEA). Unha decisión que non gusta no seu do PP vimiancés que considera que "se está cometendo unha irresponsabilidade económica co concello e un acordo oculto de carácter electoral".

Forte investimento para a posta en marcha

As obras do polígono industrial de Vimianzo terminaron a finais de 2008 e, desde entón, o alto prezo das parcelas mantivo deserto un territorio cada vez máis deteriorado polos actos vandálicos.

Así, dende o PP consideran que para poñelo en marcha habería que investir máis de 60.000€, cifra que "endebedaría ao concello", segundo o PP.

Borbujo recorda que cando se finalizaron as obras, SEA quixo entregar o polígono ao concello, pero o goberno local rexeitou recibilo, alegando que faltaba a traída de augas. Hoxe a situación é a mesma, aínda non se realizaron os traballos, e non hai indicios de que iso vaia suceder en breve. "Que cambiou entón? Por que antes o goberno non quería facerse cargo do polígono e agora si o recibirá"? cuéstionase a líder popular.

0 empresas

Aínda supondo que a empresa SEA asuma o custo de máis de 60.000 euros para acondicionar o parque, Borbujo sinala que "aínda quedaría por solucionar o problema do reforzamento da auga para a zona, así como a confirmación oficial de que existen empresas interesadas en instalarse no polígono".

Porque a realidade é que aínda non existe constancia escrita do interese de ningunha empresa por asentarse no polígono industrial de Vimianzo. Isto supón que mentres non haxa empresas, o concello deberá asumir os gastos de mantemento, que ascenderían a máis de 120.000 euros cada dous anos, asegura Borbujo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Vimianzo.

Comentarios