Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo esixe a resolución das reclamacións pola regularización catastral

O concello de Vimianzo esixe a resolución das reclamacións pola regularización catastral
Ante a cantidade de reclamacións por parte dos veciños e veciñas de Vimianzo pola última regularización catastral, o alcalde - Manuel Antelo - remitiu a finais de xuño un escrito á xerencia Rexional do Catastro en Galicia no que demanda que a dita Xerencia resolvera as reclamacións. O rexedor insístiulle a Catastro no feito de que despois da última regularización houbo un gran número de expedientes que presentaban erros cometidos, na maior parte dos casos, pola empresa encargada de facer os traballos. Antelo recalca nas consecuencias económicas de que se remitan os recibos do IBI sen ter resolto os expedientes xa que a veciñanza ten que facer fronte a pagamentos por bens que non lles corresponden ou que presentan erros referentes á inexactitude das superficies ou a unha clasificación inadecuada das mesmas. O pasado día 11 de xullo tivo entrada no Rexistro do concello de Vimianzo a contestación da xerencia Rexional do Catastro ao escrito do alcalde. Nesta contestación insístese en que o procedemento de regularización catastral se está levando a cabo en todos os concellos da Provincia da Coruña por parte da Administración do Estado. A xerencia rexional do Catastro informa de das 328 reclamacións presentadas por veciñas e veciños de Vimianzo se atenderon un total de 149. O xerente descúlpase por este retraso e sinala que as reclamacións se están atendendo por orde de presentación no rexistro. Fonte

Comentarios