O concello de Vimianzo organiza un acto para fomentar o uso do galego nos actos fúnebres
08:09 27/10/17
"En galego, agora e sempre" é o nome da curiosa iniciativa organizada polo concello de Vimianzo e a asociación de de Funcionarios para a Normalización Lingüística que persegue o obxectivo de fomentar o uso da lingua galega nos actos fúnebres. O acto terá lugar mañá sábado, ás 17 horas, no cemiterio de Salto.
As persoas asistentes que o desexen poderán asinar unha acta de derradeiras vontades na que expresan o seu desexo de que os actos fúnebres relacionados co seu pasamento se realicen en galego.
No transcurso do acto cambiarase a lápida da mestra Dna. Carmen Neira Marcos por unha en lingua galega e descubrirase unha placa no cemiterio coa lenda “Na memoria de todas as persoas que aquí xacen, porque grazas a elas Galicia segue a ter lingua e cultura de seu".
O acto terá un acompañamento musical e intervirán algunhas ex-alumnas da mestra para homenaxear a súa figura, fundamental para a educación feminina e ofomento da igualdade na parroquia.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo