O concello de Vimianzo organiza un curso de peón de explotacións gandeiras
07:06 23/11/16
O concello de Vimianzo organiza un curso de formación de peón de explotacións gandeiras que será impartido por técnicos do Sindicato Labrego Galego e constará de 10 horas teóricas e 20 horas prácticas.
As horas teóricas desenvolveranse na casa da Cultura de Vimianzo os días 28, 29 e 30 de novembro e as prácticas realizaranse en distintas explotacións gandeiras entre o 12 e 15 de decembro.
Este é un curso gratuito e e os interesados poden anotarse antes do día 26 de novembro no departamento de promoción económica do concello de Vimianzo ou no número de teléfono 981 716 001 (ext 1220).
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo