Martes. 10.09.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo pon en marcha tres concursos para este Nadal

O concello de Vimianzo pon en marcha tres concursos para este Nadal
Achégase o nadal e con el veñen os tradicionais concursos que pon en marcha o concello de Vimianzo que este ano traen novidades. Un ano máis, os alumnos e alumnas de segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria dos centros do municipio poderán participar no concurso infantil de postais de nadal. Os traballos poden presentarse ata o 17 de decembro e poden consultarse as bases na páxina web municipal. Haberá tres premios por categoría consistentes en material didáctico e escolar e a gañadora de entre todas as clasificadas aparecerá no cartel de Nadal de 2017. logo_comercio_vimianzo Outra das convocatorias habituais é o concurso de escaparates de Nadal, dirixido a todos os comerciantes do concello que teñan escaparate ao público. Para participar é necesario inscribirse na Casa do Concello e os escaparates deberán estar expostos entre o 7 e o 22 de decembro, como mínimo. Haberá un premio do público que poderá votar no facebook municipal ao que será o escaparate máis popular, outro premio para o escaparate máis navideño e outro para o máis creativo, estes últimos valorados por un xurado; os gañadores dos 3 premios recibirán unha cea para 2 persoas nun dos restaurantes participantes na campaña Outono gastronómico. Novidade O terceiro dos concursos é novidoso en Vimianzo. Trátase do I Concurso de árbores de Nadal; dirixido a todas as persoas que desexen participar, podendo facelo de xeito individual ou en grupo. Poderase participar con árbores naturais, plantadas - non se aceptan árbores taladas -, árbores artificiais, ou calquera estrutura simulando unha árbore. O tamaño mínimo debe ser de 2 metros de altura e debe manterse en pé por si soa. A presentación das árbores farase antes do 17 de decembro na casa da Cultura e estarán expostas nun lugar público ponde poidan ser vistas polos veciños e veciñas, desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro. Establécense tres categorías no concurso que son: a árbore máis popular (a gañadora dos votos do público no facebook municipal), á árbore máis tradicional e a árbore máis creativa. A contía dos premios será 110€ para a árbore máis popular, 200€ para árbore máis tradicional e 200€ para a árbore máis creativa. Novas relacionadas Fonte

Comentarios