domingo. 18.05.2025
El tiempo

O delegado da Xunta na Coruña visita Vimianzo

O delegado da Xunta na Coruña visita Vimianzo
delegado-xunta-vimianzo Ovidio Rodeiro e Manuel Antelo asinaron a acta de conformidade coas obras cofinanciadas pola Xunta de Galicia O delegado da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña - Ovidio Rodeiro - isitou onte o concello de Vimianzo para asinar a acta de conformidade coas obras cofinanciadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Compensación ambiental do ano 2016. A Xunta achegou 126.434 € dun total de 144.958€ que custaron as obras. As actuacións que se desenvolveron no marco deste programa foron a mellora das instalacións de iluminación pública exterior na zona da Piroga, a mellora da eficiencia enerxética na instalación de alumeado exterior do paseo fluvial e entorno da casa da Cultura de Vimianzo e a transformación da antiga escola unitaria de Vilar-Cereixo no centro de Interpretación da ría de Cereixo. O delegado visitou as actuacións acompañado do alcalde - Manuel Antelo - que aproveitou a ocasión para trasladarlle os proxectos e as necesidades do concello. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios