xoves. 14.11.2024
El tiempo

Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella

Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella
Alejandro Rodríguez na súa etapa como alcalde- Foto- Marcos Rodriguez

Non deixa de darnos sorpresas a vida política vimiancesa. Coa  moción de censura esquecida pero a acusación de chantaxes enriba da mesa, hoxe chegan novas xudiciais do ex alcalde. I é que o Xulgado de Corcubión vén de presentar a sentenza que condena a Alejandro Rodríguez Lema como “autor dun delito de coaccións leves sobre a muller”. Unhas coaccións que foron cometido contra a súa ex parella sentimental, Susana Soto Fidalgo.

Deste xeito, o ex rexedor é condenado, aínda sendo unha sentenza recurrible, a 15 días de traballos en beneficio da comuniidade, a prohibición de achegarse a menos de 200 metros da afectada, e unha indemnización á Soto de 300€.

A denuncia interposta por Soto Fidalgo denunciaba “repetidas chamadas a horas intempestivas (…) coa clara intención de perturbar a súa vida normal, con contidos sexuales” por parte da súa ex parella.

Un dos avogados presentes no pleito, denuncia a situación do seguinte xeito: “Os delitos de violencia contra a muller resultan execrables e máxime cando, como no presente caso, o autor do delito veu desempeñando un cargo público (foi Alcalde do Concello de Vimianzo, e cabeza de lista nas últimas eleccións municipais do partido político Independentes por Vimianzo”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios