Martes. 05.11.2024
El tiempo

O "networking" une aos empresarios da Costa da Morte

O "networking" une aos empresarios da Costa da Morte
Máis de cen empresarios da Costa da Morte asistiron ás xornadas organizadas pola Fecom. Imaxe: Afiprodel Máis de cen empresarios da Costa da Morte asistiron ás xornadas organizadas pola Fecom. Imaxe: Afiprodel Unha boa parte do tecido empresarial e político da Costa da Morte mantiveron onte á tarde un encontro de networking na casa da Cultura de Vimianzo. Varios cargos da Xunta de Galicia acudiron ao acto, organizado pola Fecom - Federación de Empresarios da Costa da Morte -  co fin de informar aos responsables das pequenas e medianas empresas da comarca sobre os apoios que lle ofrece a administración galega. No encontro tamén estivo presente o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen apostou polo diálogo permanente co tecido empresarial. Na súa intervención, o conselleiro destacou o traballo da Xunta a prol da simplificación e mellora de trámites administrativos, resaltando a recente activación da oficina Doing Business, unha ferramenta que funciona como unha canle directa entre cidadáns e empresas para suprimir barreiras e impulsar a posta en marcha de proxectos. Neste sentido, lembrou Conde que o Igape destina ao programa Galicia Inviste 12 millóns para facilitar ás pemes galegas a posta en marcha de novas iniciativas que prioricen a creación de emprego, cunha convocatoria que estará aberta ao longo do ano. Do mesmo xeito, resaltou a aposta pola industria 4.0, destinando 4 millóns de euros á promoción de catro proxectos piloto nos que se prevé que participen 50 empresas desenvolvendo actuacións centradas na mellora dos seus procesos produtivos. Do mesmo xeito, entre as diferentes liñas de apoio que xa ten en marcha o departamento autonómico na área de Emprego, destacou as centradas no fomento do emprego autónomo, no que a Xunta inviste este ano 20,5 millóns de euros. Tamén se fixo fincapé na reunión na liña destinada a promover o aforro e a eficiencia enerxética nos sectores industrial e de servizos, dotada con 9,5 millóns, achegando os procesos produtivos á industria 4.0, así como os programas para impulsar a biomasa. No encontro celebrado en Vimianzo o conselleiro convidou aos empresarios a empregar as diferentes ferramentas ao seu dispor. A través de distintas liñas de axudas, os últimos anos a Consellería que dirixe Francisco Conde apoiou diferentes iniciativas fomento do emprego no municipio con preto de 3 millóns de euros. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios