Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O patrimonio acercou centos de visitantes a Vimianzo por Semana Santa

O patrimonio acercou centos de visitantes a Vimianzo por Semana Santa
VISITAS as Castelo de Vimianzo por Semana Santa Fotos de visitantes e das visitas teatralizadas ao Castelo de Vimianzo por Semana Santa-Foto da dereita de Quin Muros.

A aposta polo patrimonio adquire un valor real, contificable, cando se analizan as cifras de visitantes despois das épocas de feiras. E esta Semana Santa é para facer un bo balance dos turistas que se achegaron por Vimianzo a gozar das propostas culturais que ofrece o Concello vimiancés, xa unha referencia de turismo cultural da provincia. A importancia da recuperación e a posta en valor do patrimonio como fonte xeradora de ingresos para a economía municipal é palpable xa para sectores como o da hostalería, que notou especialmente a afluencia de visitas con varias quendas de comedor e moi bos resultados.

I é que foron un éxito as visitas guiadas ao Castelo de Vimianzo, aos Batáns do Mosquetín e aos dólmenes do Concello.
Nas visitas guiadas ao Castelo participaron 170 persoas e nas dos Batáns do Mosquetín 213.
Na Ruta dos dólmenes participaron un total de 53 persoas, cubríndose o cupo de participantes xa o día anterior. Esta ruta era a primeira vez que se desenvolvía en Semana Santa.
En canto á procedencia dos visitantes a maior parte procedía de Galicia. En canto aos procedentes do Estado español destacan os madrileños e vascos.

En total visitaron o Castelo un total de 2.500 persoas durante esta Semana Santa, contando as que non participaron nas visitas guiadas e visitaron a fortaleza utilizando o servizo de audioguías dispoñíbel en galego, castelán e inglés e as que asistiron ao espectáculo de visitas teatralizadas desenvolvidas pola compañía de teatro Os Quiquilláns, que colleita un grande éxito entre o público. Neste caso, a xornada de maior expectación foi o venres ás 17h onde máis de 250 persoas seguiron a representación teatral que narra a historia do castelo.

  Novas relacionadas Fonte

Comentarios