Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Pavillón de Baíñas acolle a 2ª Exhibición da Patinaxe Costa da Morte

O Pavillón de Baíñas acolle a 2ª Exhibición da Patinaxe Costa da Morte
Unha das Exhibicións de patinaxe do ano pasado en Camariñas

O Club Deportivo Costa da Morte en colaboración co Concello de Vimianzo organizarán a 2ª Exhibición de Patinaxe “Costa da Morte”. Unha actividade que se realiza despois do éxito do ano pasado en Camariñas.
Este será o primeiro acto de clausura e terá lugar próximo xoves 16 de maio, no pavillón polideportivo de Baiñas, a partir das 18:00h. Posteriormente o día 31 celebrarase en Muxía un segundo acto que servirá para poñer o punto final as escolas municipais de patinaxe que se levaron a cabo nos distintos concellos da comarca ó longo deste ano.

No acto participaran preto de 200 nenos e nenas de diferentes idades ,entre 4 e 14 anos, dos concellos de Camariñas, Carnota, Fisterra, Muxía e Vimianzo. A modo de clausura do acto contarán cunha exhibición individual da patinadora artística de Ponteceso Clara Amado Vázquez, que pertence ó Club Patiber de Bergondo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios