Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Plan de Emprego de Vimianzo insire ao 10% dos seus usuarios

O Plan de Emprego de Vimianzo insire ao 10% dos seus usuarios

O Concello de Vimianzo leva seis meses traballando cos usuarios do Plan Integrado de Emprego “Todo por un Emprego 2010/2011” período no que foron inxeridos máis do dez por cen deles, axudados polas accións de formación e orientación do plan.

Desde o comezo se foron realizando as actividades formativas que se consideraron necesarias para facilitar o máximo posible atopar un emprego. Estas accións foron: xornada para a obtención do certificado de manipulador de alimentos; curso para a prevención de riscos laborais; manexo de ferramentas web 2.0 e informática básica; curso de camareira de pisos e curso de primeiros auxilios.

Así mesmo contactou coas empresas do concello para que tivesen a opción de ofertar os postos de traballo e contar cunha gran variedade de perfís profesionais. E, en canto a orientación, as Titoras de inserción e formación elaboraron unha guía “Guía para a busca activa de Emprego” no que se atopan recollidos os principais recursos da comarca.

Máis cursos

O Plan Integrado de Emprego rematará en septembro e ata entón os cursos previstos son: inglés básico e avanzado; curso de asistencia a persoas e curso de Wordpress, que será impartido de novo por Javier Mosquera, de Galinus Taller de Novos Medios, e que comeza este mesmo mércores.

Inglés

Dentro das actividades formativas do Plan Integrado de Emprego, “Todo por un emprego” do Concello de Vimianzo, vaise impartir un curso de Inglés Básico.

No curso impartiranse nocións básicas da lingua inglesa no ámbito comercial.

As clases serán no Telecentro de Vimianzo, en horario de mañá, durante o mes de maio, cunha duración de 30 horas.

Máis información e inscrición

Para inscribirse ou máis información preguntar por Lucía ou Marta no teléfono do Concello de Vimianzo 981 716 001, ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios