O Pleno de Vimianzo debatirá a dedicación exclusiva do alcalde


Esta noite de venres 16 de maio hai doble pleno en Vimianzo. Ás 20:30h debatirán a aprobación do Plan DCT, e de seguido terá lugar o Pleno extraordinario solicitado pola oposición cun claro obxectivo: eliminar a dedicación exclusiva do alcalde.
Unha decisión da oposición, para nós, irresponsable. E o dicimos non polo caso particular, senón porque consideramos que os alcaldes dos Concellos deben exercer o seu traballo, pois un posto de alcaldía non se pode desenvolver con garantías no tempo libre. O mesmo acontece en Corcubión, onde PP e BNG negaron a dedicación a un alcalde do PSOE que ten que traballar pola mañá (e menos mal que ten bo horario) para exercer polas tarde de alcalde.
O afectado, Manuel Antelo lamenta ter unha oposición “tan destrutiva, incapaz de defender os intereses dos veciños aos que representa, centrados unicamente en acosar e derrubar o Alcalde. Ao fracasaren co intento de moción de censura intentan apartar o Alcalde do seu labor de goberno e do Concello retirándolle o soldo. É incrible que quen estivo cobrando a conta do concello de Vimianzo durante máis de oito anos, como o señor Rodriguez Blanco, e que ademais foi un dos concelleiros que apoiou ao principio a dedicación exclusiva da alcaldía, promova agora a retirada do soldo do Alcalde. E na mesma liña a señora Rodríguez Ordoñez, representante dunha empresa que cobrou durante este mandato preto dun millón de euros polas obras da Casa da Cultura.”
O Alcalde asegura que non puido convocar antes o Pleno solicitado pola oposición “porque os mesmos concelleiros que o solicitaron presentaron á súa vez un escrito na Dirección Xeral de Administración Local que serve de coartada para ter paralizado o nomeamento dun habilitado estatal para a secretaría municipal”. Así, “nestes momentos o concello conta cunha secretaria accidental do subgrupo A2, sen capacidade para informar, polo que o Alcalde tivo que agardar un informe do servizo xurídico da Deputación, que avaliara a procedencia da convocatoria do Pleno”.
Novas relacionadas
- Vimianzo debatirá en pleno a participación no Plan DTC 93 da Deputación.
- O Goberno de Vimianzo acusa á oposición de seguir poñendo trabas.
- O PP vimiancés bota leña ao lume municipal.
- Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella.
- 30-04-14: Os censores convocan un pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde vimiancés.
- 29-03-14: A política ponse de costas en Vimianzo.
- 12-03-14: O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura.
Fonte
- Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.