O PP vimiancés bota leña ao lume municipal
Coa vida municipal vimiancesa botando fume, aparece hoxe (había tempo que estaba fóra do día día mediático) o PP vimiancés para aproveitar a lea aberta pola concelleira do grupo mixto Monsterrat Vázquez Miñones (expulsada do PSDG) e “esixir a Antelo que explique o caso dos presuntos chantajes á exconcejala do PSOE ou que dimita como alcalde de Vimianzo”.
Un PP vimiancés que mantén como voceiro a un dos 7 edís que participaron na fallida moción de censura, Juan Carlos Amado Sambade, a pesar das esixencias de expulsión por parte do Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG.
O propio Amado asegura que os veciños de Vimianzo merecen unha explicación “rápida, convincente e rotunda” por parte do alcalde, ao que acusa de “chantaxear e ameazar a unha persoa con asuntos que teñen que ver coa súa vida privada”. Así, esixe “ao PSOE e ao BNG que se postulen dun xeito claro” sobre un asunto que cualificou de “moi grave” e que “non pode caer en saco roto”.
Novas relacionadas
- Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella.
- 30-04-14: Os censores convocan un pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde vimiancés.
- 29-03-14: A política ponse de costas en Vimianzo.
- 12-03-14: O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Vimianzo.