Luns. 20.05.2024
El tiempo

O PP vimiancés pide que Cereixo sexa Porto Xacobeo

O PP vimiancés pide que Cereixo sexa Porto Xacobeo

Mentres o Concello de Vimianzo trata de evitar que o Plan de Ordenación do Litoral afecte á zona de Cereixo, o PP da localidade pide que Cereixo sexa considerado "Porto Xacobeo". Así o asegura a súa voceira, Carmen Borbujo, quen "lamenta que o goberno socialista de Vimianzo, manteña o seu deixamento e inoperancia á hora de conseguir a colocación dun distintivo en Cereixo que o recoñeza como Porto Xacobeo". A portavoz municipal recorda que "estamos a poucas semanas de terminar o ano Xacobeo, e o goberno municipal aínda non logrou que se colocase un monólito na parroquia, que lle do recoñecemento que se merece".

Carmen Borbujo, considera que logo de 5 meses de xestións, o PSOE e BNG sempre puxeron trabas para que Cereixo conte co seu distintivo. "Ata dubidaron de se Cereixo era Porto Xacobeo" aclara a líder popular. Borbujo considera que existe unha notable falta de interese do grupo de goberno por este tema, e recorda que tivo que ser ela, en calidade de portavoz veciñal de Cereixo, a encargada de conseguir e solicitar toda a documentación que Costas do Estado require para decidir onde colocar o monólito.

O grupo popular considera que é necesario que se escenifique a declaración de Cereixo Porto Xacobeo, antes de que acabe o ano, por respecto aos veciños e ao concello. "O PP sabe que a parroquia gozará dos beneficios deste nomeamento, aínda despois do 31 de decembro de 2010, pero non é de recibo que o seu distintivo se materialice despois do ano Santo", matiza.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP vimiancés.

Comentarios