Luns. 06.05.2024
El tiempo

O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local

O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local
O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, colocou esta pasada fin de semana na parroquia vimiancesa de Cereixo o distintivo que acredita ao lugar como “Porto Xacobeo”. Unha acción que Álvarez-Campana realizou a petición da voceira popular no Concello, Carmen Borbujo e sen a participación do resto da corporación municipal. De feito, non houbo representantes das outras forzas políticas e o acto desenvolveuse sen representantes do BNG nin do PSOE. A propia Borbujo denunciaba a pasada semana a “pasividade” do goberno local nunha zona que, segundo os populares, pertence a Costas.  Non quedou atrás o presidente de Portos, quen criticou “a deixadez de Costas e a falla de compromiso coa Costa da Morte”. De todos os xeitos, o monolito ten un carácter provisional, xa que debe ser a Dirección Xeral de Costas a que dea os permisos para a ubicación definitiva.

Costa ou interior?

As posturas continúan moi distanciadas entre os grupos políticos. I é que o BNG ten solicitado a eliminación do POL do concello vimiancés, ou cando menos a influencia do mesmo sobre Cereixo, entendendo que tanto a vila histórica como Carnés son de interior.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios