Os Batáns do Mosquetín, protagonistas da xornada de Turismo Industrial na Feira Barcelona B-Travel

06:40 23/04/18

Ata Barcelona desprazou esta fin de semana o Concello de Vimianzo unha expedición, convidado pola Deputación da Coruña, para participar na feira BTravel. Unha das feiras máis importantes a nivel internacional no que a turismo de experiencias se refire.
A charla do Concello de Vimianzo tratou acerca da posta en valor das actividades económicas tradicionais, ben a través da artesanía, tal e como sucede no Castelo de Vimianzo, ben a través da recuperación e da posta en valor dos espazos, tal e como sucede no conxunto do Mosquetín.
A singularidade dos Batáns sorprendeu aos asistentes que ficaron sorprendidos ao saber que é o Concello o que xestiona o punto, de maneira directa, tanto o Castelo como o conxunto do Mosquetín.

Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Vimianzo.