Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os comicios en Vimianzo: Borrón e conta nova

Os comicios en Vimianzo: Borrón e conta nova

"Borrón e conta nova". Así califica Miñones, candidato do PSOE vimiancés, o novo panorama político na capital soneirá. A vitoria do BNG por primeira vez, chega nun momento no que a crispación tiña tomada a vida política. Nesta tesitura, un máis que posible pacto entre PSOE e BNG porá, polo menos, algo de estabilidade no consistorio vimiancés. De feito, ata aqueles veciños descontentos co panorama pollitico local, que votaron en blanco, nulo ou simplemente non votaron, tamén festexaron a ruptura. "O de Vimianzo é unha liberación", apunta Antelo.

A creación do novo partido Independiente, co ex alcalde Alejandro Rodríguez á cabeza, deixaba unha situación nova. De feito, PP e PSOE baixaron seriamente os votos, sendo o BNG o único grupo que subíu. Aí estivo a "mocidade" como asegura Antelo, que acodía en masa para pedir un "cambio de rumbo". "Conseguimos a transición democrática", lóubase o que probablemente será o novo alcalde, que aínda está emocionado lembrandos todas as felicitacións que lle están a chegar en persoa e a través do seu Facebook. "O domingo pola noite cando fumos para o Concello a comprobar os resultados, a praza estaba ateigada de xente aplaudindo e berrándome ao son de "Alcalde!!", comenta satisfeito.

Agora Antelo, no caso de efectivamente tomar o sillón da alcaldia, terá que lembrarse de todos. Cóntanos por exemplo unha anécdota, cando un pequeno da vila lle contaba ao seu pai tras estudiar os 4 programas, que "había que votar por Manolo porque nos vai poñer unhas canastas de baloncesto", e onte mesmo, atopábase con el na rúa e lle lembraba "Manolo, acordaraste das canastas!!".

Pacto Bipartito, "se non ocorre nada"

Tanto Miñones como Antelo amosan a súa boa disposición para o pacto. Pero corre un ruxe-ruxe pola vila que non acaba de deixar tranquilos aos candidatos de PSOE e BNG. "A ver se non hai chanchullos", comentan, unha vez que a compra de edís pode ter protagonismo.

"Eu teño máxima disponibilidade para falar con Miñones, eu quero ser alcalde e un goberno tranquilo que é o que quere o pobo vimiancés", apunta Antelo.

"Non haberá problema de entenderse co BNG. Queremos un goberno estable en Vimianzo con portas abertas. Nós poremos todas as facilidades que o pobo non pague as falcatruades dos políticos. Agora hai que sentarse e negociar", explica Miñones.

Miñones amosouse moi contento cos resultados, que malia supoñer unha baixada de máis de 1.500 votos, a impresión é que "non tiramos bombas pero para nós tamén é unha boa nova". I é que "chegar aquí foi un éxito de carallo, tras moitos atrancos, tras unhas duras primarias pelexando cun compañeiro do partido, a creación do partido do alcalde, ata chegou un momento no que a xente estabaa atemorizada e non quería ir nas listas... Se a isto lle poñemos a baixada do PSOE en todo o país, podemos sentirnos satisfeitos do conseguido", asegura Miñones.

Xornada complicada

Non foi unha xornada tranquila a das votacións. Tras unha campaña de dubidosa ética, segundo denuncia o BNG "non se respetou nin a xornada de reflexión, con algún partido levando a Baíñas papeletas o sábado pola tarde".

Máis graves se cadra son as cousas que pasaron o domingo, segundo denuncia. "Un grupo de rumanos levados como excravos a votar, todo o día carrexando maiores, mesmo cambiando a papeleta dunha señora en pleno colexio electoral, 17 persoas censadas nunha mesma casa con xentes ata de Muxía censados aquí para conseguir máis votos..." Estas son algunhas das cousas que fan de Vimianzo un exemplo de prácticas electorais irregulares.

Pendentes dos pactos

Todo quedará para o vindeiro 11 de xuño, cando se celebre o Pleno de Constitución. Ata esa as negociacións entre uns e outros botarán fume.

Novas relacionadas

Máis información

Entrevistas QPC

Fonte

Comentarios