Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os empresarios de Vimianzo lánzanse ás Novas Tecnoloxías

Os empresarios de Vimianzo lánzanse ás Novas Tecnoloxías

Novo curso de formación TIC para pequeno empresarios e empresarias na bisbarra. Desta volta toca en Vimianzo, con 13 sesións necesarias para a continua reciclaxe dos empresarios da zona. I é que a necesidade de adaptarse aos novos tempos fai que estas propostas formativas sexan máis que positivas.

O concello iniciará un Curso de iniciación á informática para comerciantes no que se ensinará a utilizar o hardware, software, internet e a xestión de documentos, cun total de trece sesións; e un Curso de aplicación das TIC ao comercio, no que se ensinará a empregar o correo electrónico, a web2.0, as redes sociais, o facebook, como crear un blog, como compartir fotos e vídeos, cun total de once sesións; ambos os dous cursos realizaranse nun horario adaptado ao horario laboral dos empresarios. Estas ferramentas serviranlle aos pequenos empresarios de Vimianzo a abranguer un tipo de mercado posible a través da rede, para facer publicidade dos seus produtos a través das redes sociais, para enfocar ás diferentes áreas dos seus negocios.

Máis información e inscricións

O curso de iniciación á informática desenvolverase entre os días 16 de febreiro e 2 de marzo e o curso de TIC´S comerciais será entre os días 30 de febreiro e 29 de febreiro. Os interesados en realizar estes cursos deberán inscribirse no departamento de Promoción Económica do concello (981716001/ext.220) ou no enderezo [email protected].

Traballo cos empresarios

Esta é outra das inicitivas desenvolvidas polo concello para colaborar co comercio local, froito dunha reunión mantida no pasado mes de novembro. Xa vimos o traballo de Nadal e o concurso de escaparates.
Pero non rematarán aí as actividades pois pasada a campaña de Nadal organizaranse, ademais dos cursos que agora propoñemos, un ciclo de charlas orientadas ao pequeno comercio, para que os empresarios e empresarias coñezan todos os recursos que teñen ao seu alcance.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios