Os frikis invaden Vimianzo
Xa chega a IV Frikifesta de Vimianzo. A Asociación Xuvenil Cherinkas traballou arreo para ter todo listo o día 2 ás 18.00h, cando a Procesión dos “Anxos da Morte” arranquen dende a Casa de Cultura de Vimianzo para abrir a festa e ir dando paso as distintas actividades que se irán celebrando polos bares da vila. A vergoña, cómpre deixala na casa.
As frikiactuacións comezarán ás 00:00h no Palco espontáneo do Celme e prometen ser un torrente de creatividade individual e/ou colectiva de frikitemática libre, aínda que Cherinkas fai suxestións útiles para os indecisos: sketchs (Martes y 13, Faemino y Cansado, Buenafuente, Tricicle, cómic…), teatro, danza, cabaret, mimo, títeres, malabares, contacontos, monólogo, chistes, documental, streptease, anuncio TV, circo, aerobic, música (karaoke, parodia, actuación propia…), etc.
Haberá tamén música ca Orquestra Troco e a Disco Móbil Retro&Hortera.Este ano, a promoción audivisual á que nos ten acostumad Ghillermo vai cunha retrospectiva na CASCULVI (CASa da CULtura de VImianzo) dedicada a Grayson, o rapaz maravilla, documentado na película "O heroe está de fronte" por Ghillermo. Dick Grayson mantívose tres meses, impasible, sentado nunha cadeira vendo pasar a todos aqueles curiosos, que agardaban sentados na cadeira que había en fronte, expectantes de que amosase algún tipo de sentimento ou reacción ao velos.Un deses curiosos foi o seu ex-compañeiro, Bruce Wayne, co que compartiu traballo e aventuras nos anos 60 e que non vía desde comezos da década dos 80 tras unha serie de disensións e madurez adquirida que rematou coa súa tráxica separación. Con este fragmento da filmación poderedes observar a reacción dos protagonistas deste tan romántico reencontro.
Programa da IV Frikifesta
- 19:00h. BIBENDUM: Letanía-Chupitazo de saída. Show Frikidocumental. Frikiolimpíadas: Tie Freak.
- 20:00h. HILTON: Show Macedonia de amor. Frikiolimpíadas: Halterofrikia.
- 20:45h. RÚA: Show Rop do mozo tolo. Frikiolimpíadas: Frikoncesto.
- 21:30h. CELME: Show Retransmisión sexortiva. Frikiolimpíadas: 1´5 m. rugosos.
- 22:15h. MEHARI: Show Reto oeste oes ti. Frikiolimpíadas: Minixavelina.
- 23:00h. PRAZA CONCELLO: Frikiolimpíadas: Frikatlón (por parellas).
ORQUESTRA TROCO DISCO FACTORY RETRO & HORTERA. Gogo go show! (por parellas). Entrega premios e troguapos disfraces.
- 00:00h. CELME: Palco espontáneo (Free(k) show).
- 01:00h. Concurso gritos de terror.
- 02:00h. MEHARI: Concurso de canto tirolés.
- 03:00h. Campionato mundial de onda vital.
- 04:00h. Concurso de alongamento de voz.
Máis información
Novas relacionadas
- Vimianzo xa quenta para a tola Frikifesta.
- Frikfesta Promo 2012 Eu Friki, ti Friki, todos Frikis… na Frikifesta de Vimianzoo.
- Frikifesta Promo 2011: VimianZoo, Distrito Friki.
- Frikifesta 2010: 9 vídeos da orixinal Frikifesta da Cherinkas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
ORQUESTRA TROCO DISCO FACTORY RETRO & HORTERA. Gogo go show! (por parellas). Entrega premios e troguapos disfraces.