VimianZoo, Distrito Friki

17:30 14/10/11

Os infectados no lugar de VimianZoo, saen á palestra. Da man do mesmo Friker Jiménez e o seu místico programa "Cuarto ou 5º", a comunidade friki da capital animal de Soneira dá o salto á televisión. A debate: o "Frikismo", esa corrente ideolóxica e cultural que se espalla entre os veciños da comarca e que está de actualidade ao celebrarse o seu patrón o próximo sábado 29 de outubro de 2011 en Vimianzo gracias a II Edición da Frikifesta, organizada, como non, pola A.X. Cherinkas .
Non temos máis palabras que as que seguen a continuación, da man de Friker Jiménez e os seus animais domésticos, e só nos queda agardar acontecimentos... (dubidosos en todo caso, se lembramos o acontecido o ano pasado...:
VimianZoo: Distrito Friki (vídeo promoción da II Frikifesta
Novas relacionadas

- Frikifesta 2010: 9 vídeos da orixinal Frikifesta da Cherinkas.
- A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
Fonte
- Vídeo producido pola A.X. Cherinkas.