Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os maiores de Vimianzo tamén se apuntan á rede

Os maiores de Vimianzo tamén se apuntan á rede

Levamos varias semanas comprobando que o uso das novas tecnoloxías non ten idade. Hoxe imos ata Vimianzo para corroboralo, pois o Concello vimiancés vén de organizar uns obradoiros de iniciación á informática para maiores en colaboración coa asociación de Amas de Casa.

Os obradoiros están divididos en tres módulos que se desenvolverán nos meses de xuño, xullo e agosto. O primeiro deles, Pérdelle o medo ao pc, cunha duración de 7,5 horas, comezará mañá, día 1 de xuño, e rematará o día 8 de xuño.

O segundo obradoiro, Coñece o sistema operativo XP, cunha duración de 12 horas, desenvolverse entre os días 4 e 27 de xullo.
E, finalmente, no mes de agosto rematarase co obradoiro Iniciación á internet, con 9 horas de duración, que se desenvolverá entre os días 1 e 17 de agosto.

Os cursos impartiranse no telecentro de Vimianzo dous días á semana, á excepción do primeiro módulo que é máis curto e se desenvolverá na mesma semana, hora e media cada día.

Poden apuntarse chamando ao Concello ao 981 716 001 ou pasando polas oficinas municipais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios