Os maiores de Vimianzo visitan Tenerife
08:07 21/09/16
Cen vimianceses e vimiancesas gozan da tradional excursion de setembro organizada polo concello
Un cento de veciños e veciñas de Vimianzo atópanse estes días na illa canaria de Tenerife grazas á xa tradicional excursión do mes de setembro que organiza a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Ensino do concello de Vimianzo.
Os vimianceses e vimiancesas saíron en avión de Santiago de Compostela o pasado día 16 e regresarán este venres. Con eles viaxaron persoal do departamento de Servizos Sociais e a concelleira María José Ramos Rey.
Durante estes días, gozarán das praias, da paraxe natural do Teide e visitarán lugares como a cidade de Santa Cruzo e o Loro Parque.
Novas relacionadas
- Maio 2014: Uns días de relax para os maiores de Vimianzo
- Setembro 2013: Os maiores de Vimianzo disfrutan coñecendo o norte peninsular
- Maio 2013: Os maiores de Vimianzo gozan dos beneficios termais
- Xuño 2012: Os maiores de Vimianzo gozan de tres días de relax no Balneario de Laias
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo