Os maiores de Vimianzo xa bulen


O Concello de Vimianzo pon en marcha un novo proxecto de actividade física para os veciños/as do concello. Neste caso trátase dun programa de exercicio físico dirixido a persoas que padecen enfermidades crónicas, onde se desenvolven diferentes disciplinas de exercicio físico adaptado ao participante e á súa patoloxía.
As sesións desenvolveranse no ximnasio municipal os martes e os xoves de 11:00 a 12:30 da mañá.
O número máximo de prazas é de 25 e o prazo de inscrición remata o 19 de marzo. Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse na oficina de deportes do Concello (na Casa da Cultura) en horario de mañá, ou ben no ximnasio municipal a partir das 13:30h.
Os requisitos para a inscrición son estar empadroado no Concello de Vimianzo e padecer algún tipo de enfermidade crónica.
O programa vai estar dirixido e coordinado pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer – Coruña). Actualmente este programa estase a desenvolver con éxito en sete concellos de Galicia. Vimianzo será o oitavo municipio en adherirse ao programa.
Novas relacionadas
- Vimianzo conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora cunha semana de actividades.
- O proceso de creación dun mural cos alumnos do IES Terra de Soneira.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.