Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Vimianzo conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora cunha semana de actividades

Vimianzo conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora cunha semana de actividades

Hoxe venres comezarán as actividades que os departamentos de Promoción económica, Cultura e Benestar do Concello de Vimianzo prepararon conxuntamente para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Inauguraranse os actos coa proxección no telecentro, ás 10 da mañá, do audiovisual titulado Mans de homes, un vídeo que nos amosa casos de homes realizando as tarefas que maioritariamente realizan as mulleres na nosa sociedade; o luns día 5, tamén no telecentro ás 10 da mañá, proxectarase a segunda parte deste audiovisual, Mans de mulleres, onde veremos o caso contrario, as mulleres realizando aquelas tarefas que a sociedade actual considera masculinas. Con estes audiovisuais preténdese levar á reflexión sobre os estereotipos que aínda están presentes na sociedade actual. O luns tamén comezarán os obradoiros escolares que continuarán o martes e o mércores na Casa da Cultura. O alumnado do CEIP de Baíñas e do San Vicenzo de Vimianzo participarán por grupos nunha xornada na que se analizarán as causas da desigualdade de xénero, mediante unha árbore xigante que haberá que completar poñéndolle as diferentes follas para que sexan os propios nenos e nenas os que saquen as conclusións e levalos á reflexión de porqué é necesario conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. O xoves, día 8 de marzo, unha MARCHA POLA IGUALDADE percorrerá Vimianzo. Ás 12 da mañá esta marcha sairá do IES Terra de Soneira e finalizará na praza do concello arredor das 12.30 horas. Unha vez no final do destino, onde o alcalde recibirá a marcha, haberá unha sorpresa por parte dos rapaces e rapazas do instituto. Todas as perosoas que o desexen poderán unirse a esta marcha e achegarse á praza para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. O venres na Casa da Cultura, ás 20 horas, proxectarse a película “En terra de homes”, un filme baseado nunha historia real, no está presente a reivindicación do papel da muller na sociedade, unha muller que intenta saír adiante traballando nun “mundo de homes”, o que desembocou no 1º pleito masivo contra un caso de acoso sexual. E como peche desta semana de actividades en torno á desigualdade de xénero na sociedade, o sábado haberá unha charla - coloquio sobre “O papel da muller na Costa da Morte” na que contaremos coa participación da recoñecida feminista Encarna Otero; Viki Rivadulla, técnica do concello de Muxía; e Nieves Lema, técnica do concello de Vimianzo. A cita será no auditorio da Casa da Cultura, ás 19 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de VImianzo.

comentarios