domingo. 01.06.2025
El tiempo

Os pequenos de Baíñas aprenden a aforrar auga xogando ao Pasapalabra

Os pequenos de Baíñas aprenden a aforrar auga xogando ao Pasapalabra
Cruz Vermella celebrou o dia da auga en Vimianzo

Sensibilizar á poboación sobre a importancia que ten o coidado dos recursos hídricos é un dos obxectivos da campaña que pon en marcha Cruz Vermella na provincia da Coruña con motivo do Día Mundial do Auga, que se celebra mañá 22 de marzo, e cuxo lema é Auga para a vida. É o aforro da auga un dos cabalos de batalla da nosa sociedade, acostumada a que chova e chova, e que sexa poucas as veces nas que os cidadáns sufrimos as secas.

E para que os máis pequenos crezan coa responsabilidade individual no aforro e conservación do auga, Cruz Vermella pasou por 8 localidades entre as que se atoparon as de Carballo e Vimianzo.

Concretamente en Vimianzo realizarase unha actividade o venres 22 de marzo a partir das 13.00 horas CEIP de Baíñas que consistirá en realizar un "Pasapalabra do auga" cos alumnos e alumnas do colexio con preguntas sobre o tema do auga e a súa conservación.

As caras da Cruz Vermella en Vimianzo

Decálogo de boas prácticas

Ademais, elaborouse un folleto cun Decálogo de Boas Prácticas Ambientais no que se destacaron de xeito especial as relacionadas co auga e que son as seguintes:

  • Fai un bo uso do auga. As perdas de auga supoñen non só desperdiciar este recurso tan valioso senón que repercuten no seu custo. Agora que nunca co aforro de auga.
  • Controla a temperatura do auga. Para ducharse a auga debe estar entre 30º e 40º, regula o quentador a esa temperatura para evitar quentala demasiado e logo ter que arrefriala mesturándoa. Cando poñas a lavadora, é mellor lavar en frío ou a baixa temperatura xa que o 90% da electricidade que se consome é para quentar auga.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    • Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios