venres. 18.04.2025
El tiempo

Os vimianceses póñenlle sabor ó galego

Os vimianceses póñenlle sabor ó galego
Participantes e premiados da campaña "A que sabe o galego?" asistiron onte á entrega de premios Participantes e premiados da campaña "A que sabe o galego?" asistiron onte á entrega de premios Xa se sabe de antemán que as campañas nas que haxa comida polo medio son un éxito. E non podía ser doutra forma a levada a cabo polo concello de Vimianzo que baixo o lema "A que sabe o galego?"  recompilaron 46 receitas tradicionais e elaboraron un dicionario con voculaborio da zona relacionado coa gastronomía. Rematada xa a campaña, o Servizo de Normalización Lingüística do concello - organizador do evento - entregou onte os premios nun acto ao que acudiron participantes e premiados. Unha das accións desta campaña levouse a cabo a través das redes sociais, concretamente do Facebook. Aquí os participantes colgaron unha foto coa súa receita e cun comentario sobre os ingredintes e a elaboración da mesma. A gañadora foi a que máis "gústame" conseguiu na súa publicación. Deste xeito, a receita máis popular, con 222 "gústame", foi a de Antía Andrade Pérez que expuso cómo facía as Orellas. Por iso, gozará dunha cea para dúas persoas nun restaurante de Vimianzo e o seu diploma. O premio do xurado para a mellor presentación foi para o "calleiro de millo" de Sonia Martínez Lema o que lle dará o pase para unha cea  para dúas persoas e mais diploma.  O premio do xurado á receita que conta con máis fidelidade á tradición - dotado cunha cea para dúas persoas e mais diploma - foi para a "bola de broa" de Mercedes Pazos Martínez. E o premio do xurado á mellor receita infantil - cunha cea para tres persoas e mais diploma- foi para a "torta de mazá" de Raúl Iglesias Caamaño. En canto ao sorteo entre os que participaron coas súas achegas no Dicionario dos Sabores de Vimianzo, as persoas gañadoras foron: Mª del Carmen Lema Lema, que gañou un libro de receitas As lambetadas dos larpeiros; Mª del Carmen Suárez García, que se leva un libro de Novas receitas da cociña de larpeiros; e Laura Ramos Santos que gañou un libro de receitas As lambetadas dos larpeiros. Ademais, Geli Veciño Ures foi a agraciada no sorteo que se celebrou entre os participantes do concurso nas redes sociais e no cal gañou un libro das "Novas receitas da cociña de larpeiros". A próxima semana tanto as receitas como o dicionario estarán dispoñibles para a súa descarga dende a páxina do concello de Vimianzo.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios