Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pablo López Vázquez dirixirá a campaña do PP en Vimianzo

Pablo López Vázquez dirixirá a campaña do PP en Vimianzo

Na súa liña de dar protagonismo á "canteira política", o PP presenta un novo movemento de cara aos comicios do 20N. Pablo López Vázquez foi nomeado presidente do comité de campaña electoral en Vimianzo para as vindeiras eleccións xerais do 20 de novembro. Contará para esta tarefa con Juan Carlos Amado Sambade, como secretario de campaña. Pablo López é concelleiro do Partido Popular no Concello de Vimianzo e actual presidente de Novas Xeracións neste municipio.

Para Pablo López o seu nomeamento supón “unha honra, pois nace da confianza dos compañeiros de partido no meu traballo e do apoio da dirección provincial”, comentou. Pero tamén é “unha gran responsabilidade, pois nestas eleccións Vimianzo, a Costa da Morte e A Coruña xogan o seu futuro”.

Para o novo presidente de campaña, o obxectivo electoral en Vimianzo é “ser a primeira forza política neste concello”, así como tamén “o comité popular máis votado no partido xudicial, involucrando nesta labor ao maior número posible de militantes e simpatizantes de todas as parroquias e lugares”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Vimianzo.

Comentarios