Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Peña Barcelonista Irmandiña e o Concello de Vimianzo preparan unha xornada micolóxica

CARTAZ XORNADA MICOLÓXICA
A Peña Barcelonista Irmandiña e o Concello de Vimianzo preparan unha xornada micolóxica

O vindeiro domingo 14 de novembro terá lugar en Vimianzo unhas xornadas micolóxicas. O Concello de Vimianzo e a Peña Barcelonista Irmandiña preparan unha xornada que dará comezo ás 9:15 horas cunha charla sobre micoloxía na Casa da Cultura.

Ás 10:00 horas terá lugar unha saída para a recolleita de cogomelos para, ás 13:00 horas, clasificalos. Ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de cogomelos, tamén na Casa da Cultura.
Recoméndase levar roupa e calzado axeitados, así como unha cesta para depositar os cogomelos e obxectos punzantes para recollelos, como un coitelo ou unha navalla.

As persoas interesadas poderán inscribirse no enderezo web municipal.

Comentarios